martes, 4 de agosto de 2009
A campá
A igrexa do meu pobo
Unha campaíña ten
Que toca cas alegrías
E cas peniñas tamén.
Si hay lume nalgún monte
Ou unha tempestad no mar
Toca forte “arrebato”
Para os veciños chamar.
E alí van todos á praia
Por se alguén poden salvar
E a campá que non para
Que non para de tocar
Toca con rabia, con pena
Parece que quere falar.
Ó outro día tocan quedo
Chama a xentiña a rezar,
Por aqueles mariñeiros
Que xa nunca volverán.
Toca triste a campaíña
Parece que vai chorar
Pero non todo e tristeza
Que hoxe hai voda no lugar.
Toca alegre campaíña
Que se casa Teresina
Co fillo do capitán,
Ela vestida de Branco
E el de militar.
Toca,toca campaíña
Que hoxe hai felicidad,
E xa chega o día grande:
Día do Santo Patrón.
E da campá moi cedo,
Óese moi forte o seu son,
Moi forte, para que se escoite
Lexos, lexos do lugar,
Para que veña a xente toda
A noso patrón honrar.
E logo na carballeira,
Sentaránse para xantar.
E que xa ven o gaiteiro
Vamos, vamos a bailar,
E bailan as parexiñas
Que hai que ver que ben o fan
Pero tamén algún vello
Non o fai de todo mal.
E chegandiña xa a noite,
A xentiña marcha xa
E a campaíña cansa
Tamén deixa de tocar.
Só unha cousa che pido
Campaíña do lugar:
Cando me esté morrendo
Non deixes de tocar,
Quero morrer escoltando
Voso alegre repinicar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario