viernes, 7 de agosto de 2009

O toliño

No meu pobo hai un toliño
Pero que boiño é
Cóntalle contos ós nenos
Que moito ríen con él.

El sempre esta lediño
Eu nunca o vin chorar
Porque el non sabe de guerras,
Nin de drogas
Nin de nenos maltratar,

¡Ai toliño, meu toliño
Como ti quixera estar!

Polas noites, cando hai lúa
Vaise a praia a cantar
E sentadito na aréa
Cántalle e cántale ó mar
E as ondas agradecidas
Moitos biquiños lle dan.

O dia que me dixeron
O toliño mal está
Funa velo a súa casa,
Se casa pódese chamar
Catro paredes de pedra
E un xergonciño no chan.

¿Qué che pasa meu toliño?
- Que me viu Deus a chamar
para levarme ó ceo
e alí contos contar
a tódolos anxeliños
e tamén a súa nai.

- ¡Ai toliño, meu toliño!
Se o que contas é verdade
Fálalle a Deus de min e
Cando me veña a chamar
Que me leve a xunta ti
Que che quero oir cantar.

Onde estés ti, meu toliño,
Tamén eu che quero estar.

No hay comentarios: