Fixen una barca nova
E púxenlle Soledad,
Porque ese era o teu nome
E non te podo olvidar.
Dame pena a barca vella,
Pois non a quero queimar,
¡Que recordos hai nela
De moita felicidad!
Mellor metereina na auga
Para que a desfaga o mar.
Acórdaste cando mozos
Ir a praia a namorar
E metiditos na barca
Moitos biquiños nos dar.
Cando xa de casadiños,
Eu marchábame a pescar
E volvía pola noite
Ca barquita a rebosar,
Ti esperábasme na praia
E víñasme a bicar,
E o corazón no meu peito
Apréciame estalar.
E cando levabamos o fillo
O primeiro día a pescar,
Metíalle a man na auga
E comenzaba a esbirrar.
¡Que días felices eran
Que xa nunca volverán!
Ti marchástete moi cedo,
De unha mala enfermidade.
El coa mar non quixo nada
E marchou para a capital.
Non sei para que fixen a barca
Se non podo ir a pescar,
Meus brazos non teñen forza
Para os remos empurrar.
Pero está tan bonitiña
Co teu nome Soledad.
Metereime dentro dela
E sentareime a esperar
A que veñas a buscarme
E contigo me levar,
E se ahí donde ti estás
Hai unha barquita vella
Meterémonos nela
E irémonos a pescar,
E cando ninguén nos vexa
Biquiños haberémonos dar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario